miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As investigadoras da USC movilízanse en contra da discriminación salarial

As investigadoras da USC movilízanse en contra da discriminación salarial
Foto de arquivo
As investigadoras da USC movilízanse en contra da discriminación salarial

No 2016 foi o momento no que se lle "empezou a pagar por debaixo do salario mínimo que fixa a normativa, e a quen tamén se lle negan as subidas salariais"

A Asamblea de Investigadoras de Compostela anunciou onte movilizacións para protestar en contra da discriminación que están a sufrir unha parte do colectivo dende 2016. Foi o momento no que se lle "empezou a pagar por debaixo do salario mínimo que fixa a normativa, e a quen tamén se lle negan as subidas salariais".

A movilización son por este motivo e porque non recibiron resposta do equipo rectora da USC dende decembro, mes no que lle trasladaron as súas propostas e reivindicacións á Xerencia, a cal lles solicitou que lle remitira as reivindicacións por escrito.

Según o comunicado difundido onte, na universidade estanse a dar situacións como que "unha investigadora FPU/FPI a diferenza entre o que percibe (1.173,00 €/mes) e o que figura na táboa de salarios mínimos actualizada (1.244,91 €/mes) supera xa os 1.000 euros anuais". E, por primeira vez, "un axudante de apoio á investigación percibe xa un salario mínimo (1.193,97 €/mes) superior ao das propias investigadoras destas convocatorias".

Esta asamblea tamén se puxo en contacto coas organizacións sindicais, as que á súa vez tamén se puxeron en contacto co equipo rectoral, pero sen éxito de convocar unha mesa de negociación para tratar a problemática. Tampouco o rector nin o vicerrector de Investigación se reiuniu cos representantes da asamblea.

Comentarios
Lo más