miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sánchez Bugallo explicou o seu proxecto de cidade “atractiva e acolledora para a xente, pero tamén para os negocios e as empresas” a representantes do Foro Cívico

Sánchez Bugallo explicou o seu proxecto de cidade “atractiva e acolledora para a xente, pero tamén para os negocios e as empresas” a representantes do Foro Cívico
Sánchez Bugallo explicou o seu proxecto de cidade “atractiva e acolledora para a xente, pero tamén para os negocios e as empresas” a representantes do Foro Cívico

Coa certeza de que “Santiago quedou atrás” e deixou de ser a cidade de referencia en Galicia en eidos como a cultura, o turismo, a vivenda ou a rehabilitación, pero co compromiso claro de desenvolver un proxecto de futuro baseado en diferentes eixos centrais e con catro grandes retos, que persiguen que Santiago sexa de novo unha “cidade acolledora para xente, pero tamén para os negocios e as empresas”

Coa certeza de que “Santiago quedou atrás” e deixou de ser a cidade de referencia en Galicia en eidos como a cultura, o turismo, a vivenda ou a rehabilitación, pero co compromiso claro de desenvolver un proxecto de futuro baseado en diferentes eixos centrais e con catro grandes retos, que persiguen que Santiago sexa de novo unha “cidade acolledora para xente, pero tamén para os negocios e as empresas”. Así se podería resumir o manifestado polo candidato á Alcaldía Sánchez Bugallo no marco da xuntanza celebrada na tarde do pasado martes con representantes do Foro Cívico, e á que tamén asistiron integrantes da súa candidatura.

Bugallo, que describiu a situación actual da cidade, anunciou que un destes principais retos que vai ter Santiago nos vindeiros catro anos é, sen dúbida, o Xacobeo 2021 e, a este respecto, asegurou que se despois das eleccións de maio resulta elixido alcalde, o primeiro que fará é crear un grupo de traballo preparatorio dos servizos públicos necesarios para esta cita, o acollemento a peregrinos, o plan de seguridade pertinente e un programa de actividades completo para composteláns e visitantes.

A revisión na xestión dos servizos públicos e do funcionamento interno do Concello –cualificou como inaceptable o que está a acontecer coa tramitación de licenzas e, a este respecto, comprometeuse a reducir o prazo a non máis de tres meses-, a necesidade de poñer en marcha un desenvolvemento urbanístico e de rehabilitación e de impulsar un desenvolvemento económico en sectores como turismo –coa reformulación de Incolsa e cun proxecto turístico propio que recupere o protagonismo deste sector- ou o comercio –como dixo, unha das súas grandes preocupacións, moi vencellado ao proxecto de cidade e que se está a ver ameazado polas ventas on line, polo que se comprometeu a estudar e avaliar todas as medidas que propoñan entidades como Compostela Monumental ou Santiago Centro-, foron tamén postas enriba da mesa por parte do candidato. Tamén a captación, apoio e acollimento de empresas será unha prioridade para o goberno local se é presidido por Sánchez Bugallo, que vencellou este obxectivo á creación dunha sociedade especializada nestas tarefas.

No encontro con representantes do Foro Cívico abórdaronse tamén as comunicacións, que Bugallo considera vitais para o desenvolvemento da cidade e, neste sentido, amosou o seu total compromiso a traballar na consecución, remate e/ou mellora de infraestruturas como o Periférico, o Orbital ou a intermodal, que non dubidou en considerar “cutre” e “claramente insuficiente” para a capital de Galicia. Tamén se falou da EDAR, unha das cuestións ás que habería que dar solución nos primeiros cen días de goberno e para a que, dixo, non hai outra alternativa que A Silvouta. Iso si, a tecnoloxía axeitada da depuradora, cuxo custe non pode recaer na veciñanza, debe ser establecida polo Ministerio de Medio Ambiente.

Finalmente, o candidato abordou dous obxectivos máis: a recuperación do marco de relacións institucionais, dende os estatutos da capitalidade ata o restablecemento da colaboración coa administración xeral, Universidade ou a Igrexa, e o Plan Compostela 20-30, un proxecto de presente e de futuro para unha cidade “atractiva e acolledora para a xente, pero tamén para os negocios e as empresas”.

Comentarios
Lo más