miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Goberno tripartito xunto a Ames Novo votou en contra da reasignación dos fondos europeos ás depuradoras que dan servizo a Milladoiro e Bertamiráns

O Goberno tripartito xunto a Ames Novo votou en contra da reasignación dos fondos europeos ás depuradoras que dan servizo a Milladoiro e Bertamiráns
Foto de arquivo
O Goberno tripartito xunto a Ames Novo votou en contra da reasignación dos fondos europeos ás depuradoras que dan servizo a Milladoiro e Bertamiráns

O cuatripartito tamén votou en contra da proposta dos populares, na que solicitaban ao Estado e á Xunta de Galicia para que se comprometeran, en caso da perda dos fondos europeos, a asumir a financiación da EDAR da Silvouta

A Corporación debatía o xoves 31 de xaneiro a proposta presentada polos populares, coa que pretendía asegurar, sen demora, a financiación da futura ampliación da depuradora da Silvouta, ao mesmo tempo que solicitaba a reasignación dos fondos europeos sobrantes á mellora do sistema de saneamento e depuración á EDAR de Sisalde, en Bertamiráns e tamén ao sistema de saneamento de Calo-Milladoiro.

Co pretexto de que a ampliación da depuradora de Silvouta non tiña marcha atrás e de que tiñan a garantía de que a financiación era con fondos europeos, o tripartito de Ames xunto a Ames Novo, votaron en contra da proposta popular.

Como ben queda exposto na propia proposta do Grupo Popular, a cuestión non trata sobre levar a cabo ou non a ampliación da EDAR da Silvouta, senón que se pide que non se demore no tempo ante as dúbidas que xurdiron por mor do que está a acontecer en Santiago. Por ese motivo, na propia proposta os populares plasman a solución de reubicar eses cartos a outras obras de saneamento e depuración no noso Concello, xa que Ames é o principal prexudicado do estado do Sar.

En canto á manifestación do Partido Socialista, BNG, Ames Novo e Contigo Pódese; de que non se perden os fondos europeos para financiar a depuradora de Santiago, a realidade é que hai unha perda de fondos.

Os 24 millóns de euros reservados por Europa eran concretamente para o proxecto de “O Souto”; un proxecto orzamentado en 80 millóns de euros; pero, segundo o novo proxecto de ampliación da Silvouta, a construción da nova depuradora terá un custo de aproximadamente da metade, polo que a aportación de fondos europeos reducirase considerablemente, dando lugar a fondos “sobrantes” que, de non ser asignados en Ames, dedicaranse a outras obras.

Por último, chama a atención como os grupos da chamada “nova política” caen en continuas contradicións a hora de facer unha “suposta defensa do río Sar” segundo o color do goberno de turno en cada momento, deixando nun segundo plano as cuestións medioambientais e os intereses da veciñanza de Ames.

Comentarios
Lo más