miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Afundación achega a música e a danza aos escolares de Pontevedra coa proposta "Burbujas de papel"

Afundación achega a música e a danza aos escolares de Pontevedra coa proposta "Burbujas de papel"
Foto de arquivo
Afundación achega a música e a danza aos escolares de Pontevedra coa proposta "Burbujas de papel"

Un total de 1400 alumnas e alumnos de centros escolares de Pontevedra e arredores gozarán desta montaxe de música e danza de Múcab Dans

A proposta de música e danza Burbujas de papel será levada á escena no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23) da man de Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a súa programación de actividades para escolares. As representacións será hoxe xoves 7 e mañá venres 8 de febreiro con dúas funcións diarias, ás 10.00 e ás 12.00 h.

Un total de 1400 alumnas e alumnos de educación infantil de centros escolares de Pontevedra e arredores acudirán a ver esta produción da compañía Múcab Dans, gañadora do Premio ao Mellor Espectáculo Familiar 2014 na Feira de Teatro de Castela-León (Ciudad Rodrigo). Este espectáculo sen palabras combina a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta visual e plástica que xoga coa imaxinación dos máis pequenos para levalos a un mundo fantástico. Roger, un trompetista namorado das burbullas, coñece unha fada falcatrueira que lle axudará a acadar o seu obxectivo, devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o mundo.

EDUCACIÓN EN VALORES

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto global de educación en valores de Afundación. Partindo da importancia da escola como centro de aprendizaxe, as propostas da Obra Social de ABANCA pretenden complementar o ensino académico, especialmente a instrución, presentando uns espazos e unhas actividades que conxuguen o lúdico e o formativo co fortalecemento de valores esenciais para unha sociedade cohesionada. Deste xeito, a entidade está comprometida coa tolerancia, co respecto, coa solidariedade e, por suposto, coa adquisición por parte de cada estudante das ferramentas necesarias para perseverar na consecución da súa autonomía persoal.

A propostas da Área Educativa de Afundación, nas que participan anualmente preto de 115.000 escolares, abarcan múltiples disciplinas e fomentan o desenvolvemento de competencias transversais. Así, o seu programa inclúe actividades culturais en artes escénicas e plásticas e de fomento da lectura; actividades interxeracionais que reforzan o respecto e o intercambio de coñecementos entre mocidade e xente maior; actividades de educación ambiental para abordar a importancia do respecto polo medio; actividades de novas tecnoloxías, necesarias para o emprego das ferramentas imprescindibles nunha contorna que innova de maneira permanente; e actividades de cociña que ensinan os beneficios dunha alimentación saudable.

Comentarios
Lo más