miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un home cae á auga na zona do obelisco Milenium de A Coruña

Un home cae á auga na zona do obelisco Milenium de A Coruña
Foto: Drow Male
Un home cae á auga na zona do obelisco Milenium de A Coruña

A persoa puido alcanzar as rochas e foi axudado polos axentes da Policía Local

Un home pedía axuda para saír da auga preto do obelisco Milenium de A Coruña. Por fortuna, a persoa puido alcanzar as rochas e foi axudado polos axentes da Policía Local. Ademais, atopábase en perfecto estado de saúde, polo que se descartou que fora atendido polo equipo médico do 061-Urxencias Sanitarias que agardaba na beira.

Igualmente, para a atención desta emerxencias, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración de Salvamento Marítimo e dos Bombeiros da Coruña, que acudiron á zona con material de rescate. Non obstante, o home foi quen de achegarse ás rochas, onde foi recollidos por membros da Policía Local.

Neste caso, o operativo tamén contou co apoio dos axentes da Policía Nacional. 

Comentarios
Lo más