miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG solicita ao Concello de Boiro que poña en práctica as medidas de seguridade viaria

O BNG solicita ao Concello de Boiro que poña en práctica as medidas de seguridade viaria
Foto de arquivo
O BNG solicita ao Concello de Boiro que poña en práctica as medidas de seguridade viaria

Refírense aos pasos a peóns tanto nas zonas urbanas como nas rurais do noso concello

Na rolda de onte o BNG solicitoulle ao Concello de Boiro que poña en práctica as medidas de seguridade viaria nos pasos a peóns tanto nas zonas urbanas como nas rurais do noso concello. Puxeron o exemplo en fixeron a rolda no paso de peóns de Cima de Vila, sitio onde reiteradamente ocurren accidentes con maior ou menor gravidade.

O BNG asegura que as políticas de seguridade viaria son un eixe importantísimo dentro das políticas urbanísticas do partido. Alá onde teñen responsabilidades de goberno tratan de implantar as melloras precisas para garantir a seguridade dos e das viandantes, así como tentar facer esas sociedades máis sociables, aumentar o grado de convivencia e mellorar a calidadade de vida da cidadanía.

Comentarios
Lo más