miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Piden a dimisión do concelleiro de obras de Touro por verter os residuos das obras municipais nas cunetas

Piden a dimisión do concelleiro de obras de Touro por verter os residuos das obras municipais nas cunetas
Piden a dimisión do concelleiro de obras de Touro por verter os residuos das obras municipais nas cunetas

A asociación Aldea Viva pide a inmediata retirada dos residuos procedentes de obras municipais e a súa axeitada xestión. O concello exponse a sancións por parte de Medio Ambiente

O concello de Touro está a utilizar as cunetas dunha pista municipal como vertedoiro dos residuos das súas propias obras e construcións. Restos de formigón, tella ou restos cerámicos mistúranse con diversidade de materiais plásticos e residuos altamente contaminantes como restos de illamentos de poliuretano. Isto é o que o concello deposita polas cunetas da pista que vai dende a Residencia da 3ª Idade até o lugar de A Cruz de Mendez, en Touro.

Á parte da elevada capacidade contaminante dalgúns dos residuos, resulta que sendo a propia administración local que ten que velar polo cumprimento da legalidade é a primeira que incumpre

Por se fora pouco, o concello de Touro, con isto, exponse a sancións ou multas por parte da consellería competente en medio ambiente; multa que se pagaría co diñeiro das veciñas/os e nunca co diñeiro do alcalde ou concelleiro de obras.

Aldea Viva trasladou os feitos ao Concello de Touro, solicitando a retirada e axeitada xestión dos residuos e pide a dimisión do concelleiro delegado de obras, Jesús Martínez Pereira.

A nefasta xestión do concelleiro Jesús Martinez Pereira no departamento de obras municipais é recorrente: Jesús Martinez era Alcalde accidental no mes de agosto pasado cando o concello executou obras de canalización do rego Portapego sen autorización preceptiva de Augas de Galicia, o que derivou en actuacións polo organismo de aguas que aínda están abertas.

Aquelas obras, infrutuosas tal como demostraron as últimas treboadas, pretendían ampliar a capacidade do río para que os lodos e residuos da Mina de Touro vertidos non entullaran. No mes pasado, os lodos da mina de Touro rebordaron novamente polas rúas de Fonte Díaz.

Comentarios
Lo más