miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As obras da SC-20 están a provocar atascos na saída do túnel do Hórreo

As obras da SC-20 están a provocar atascos na saída do túnel do Hórreo
Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez
As obras da SC-20 están a provocar atascos na saída do túnel do Hórreo

Estase a traballar nun dos carrís centrais, o que ocasiona dificultades aos condutores

Estanse producindo importantes retencións debido ás obras de asfaltado da vía SC-20 no casco urbano de Santiago, concretamente, á saída do túnel do Hórreo, dirección A Coruña. Estase a traballar nun dos carrís centrais, o que ocasiona dificultades aos condutores para cambiar de carríl e incorporarse á rotonda da avenida de Lugo e ao revés.

O que están a facer é levantar a capa asfáltica de rodadura e sustituíla por outra nova. Estas obras prolongaranse a todo o vial periférico ata o Polígono do Tambre. As obras deberían haber empezado a finais da semana pasada pero o mal tempo que trouxo a borrasca Helena aplazounas ata onte lunes.

Comentarios
Lo más