Martes despexado en Santiago
08:00 05/02/19
08:00 05/02/19
A mínima estará polos 7º e a máxima polos 13º
O martes Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. En Santiago teremos un día con nubes e néboas ao principio da xornada que irán a menos ata quedar unha tarde de ceos moi abertos en xeral.
As temperaturas experimentarán un ascenso, máis significativo na máxima que rondará os 13º. A mínima estará polos 7º.