Encontro entre a asociación veciñal Río do Corgo e Bascuas
Compromiso coñeceu de primeira man as demandas e actuacións da asociación veciñal de Vite
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e membros da directiva da Asociación veciñal “Río do Corgo” de Vite mantiveron un encontro no que trataron as demandas, inquedanzas e distintas actuacións pendentes no barrio. Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual das dintintas problemáticas e as actuacións que precisa o barrio. Entre os problemas máis relevantes, destacan os de accesibilidade, a pesar de estar en marcha o ARI, que non se traduce nunha solución para toda a veciñanza.
Tamén apuntan desde a directiva veciñal os problemas de mobilidade e tráfico, debido á mala colocación dos pasos de peóns, que fan da Avenida de Castelao un punto negro cun grande número de acidentes e atropelos.
Outra das problemáticas que se atopa a veciñanza son as prazas de aparcadoiro para residentes, que están mal localizadas e piden un cambio de usos; acompañando a esta petición, denuncian a falta de iluminación en todo o barrio, que fai que sexa inseguro transitar a certas horas.
Dende Compromiso valoran moi positivamente a xuntanza e apoia as reivindicacións que fan dende a AVV Río do Corgo e fan súas ás reivindicacións e lembran que xa levan denunciado os problemas de falta de iluminación, así como o punto negro na Avenida de Castelao e xa propuxeron no seu momento, a creación dun carril verde para regular o tráfico e seguridade viaria da zona.