Iniciadas as obras para dotar de saneamento a dous camiños de Cristal e Igrexa na parroquia de Oliveira
Comporta un investimento de 37.712, IVE incluído e ten un prazo de execución de dous meses
O Concello de Ribeira informa do inicio das obras dirixidas á instalación de dúas redes de saneamento noutros tantos camiños situados en Cristal e Igrexa na parroquia de Olveira.
A actuación, que suscitou o interese de 35 ofertas durante a licitación, está sendo executada pola Construccións Fermín Simal, S.L.. Comporta un investimento de 37.712, IVE incluído e ten un prazo de execución de dous meses. O proxecto está financiado no marco do plan POS Plus da Deputación.
Os camiños afectados carecían de rede de saneamento. Conforme ao proxecto elaborado polos servizos do Concello, dotarase de cadansúa rede de saneamento a estes camiños empregando colectores de PVC liso de 315 milímetros de diámetro que conducirán as augas fecais ata entroncar coa rede municipal.
Os pavimentos serán repostos con aglomerado asfáltico.