O presidente da FEB, Jorge Garbajosa, visita esta tarde a cidade
12:29 04/02/19
12:29 04/02/19
Será ás 17:30 horas no Hotel Eurostars San Lázaro
Hoxe o presidente da Federación Española de Baloncesto, Jorge Garbajosa, visitará a cidade acompañado polo presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, para reunirse cos responsables das diferentes áreas da FGB e coñecer as súas actuacións nesta tempada así como diferentes proxectos no futuro.
Despois, Garbajosa terá un encontro cos federados e federadas que o desexen e poder compartir todas as inquedanzas ou suxestións que teñan sobre o baloncesto. Será ás 17:30 horas no Hotel Eurostars de San Lázaro.