Incendio nunha casa en obras en Vigo
10:18 04/02/19
10:18 04/02/19
Sucedeu sobre as 05:40 horas na rúa San Xoan do Monte
Na madrugada de hoxe, ás 5:40 horas, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro incendio na rúa San Xoan do Monte, en Vigo, mediante a chamada dunha persoa particular. No seu relato, o alertante informaba que a planta baixa dunha casa en obras estaba sendo consumida polas lapas á altura do número 70.
Nada máis ter constancia dos feitos, o CIAE 112 Galicia alertou aos Bombeiros de Vigo e á Policía Local.
Os servizos de extinción confirmaron que tratouse dun incendio nunha casa en obras que non tiña mobles e que ardeu unha neveira, ademais de danos materiais causados polo fume na estrutura da inmoble.