Incendio na terraza dunha cafetería en Vigo deixa danos materiais
10:04 04/02/19
10:04 04/02/19
O suceso ocorreu sobre a 01:00 horas na rúa de Urzáiz
Uns minutos antes da 01:00 hora da madrugada de hoxe, varias persoas particulares chamaron ao 112 Galicia para informar dun incendio nunha terraza dunha cafetería na rúa de Urzáiz, en Vigo.
Segundo se informou ao CIAE 112, había fume e chamas no exterior do establecemento e o material da terraza estaba ardendo.
De inmediato, os xestores do Centro integrado de Atención ás Emerxencias pasaron o aviso aos Bombeiros de Vigo, ao 061-Urxencias Sanitarias e á Policía Local.
Tras rematar as labores de extinción, os bombeiros confirmaron que ademais dalgunhas mesas exteriores, ardeu tamén o toldo do local e estalou o vidro da cafetería.