miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os veciños dun edificio desaloxan o inmoble tras un incendio nunha vivenda en Vigo

Os veciños dun edificio desaloxan o inmoble tras un incendio nunha vivenda en Vigo
Foto de arquivo
Os veciños dun edificio desaloxan o inmoble tras un incendio nunha vivenda en Vigo

Sucedeu na Travesa de Vigo, á altura do número 78

Unha pota esquecida ao lume foi a causa dun incendio que obrigou aos veciños dun edificio a abandonar as súas vivendas e desaloxar o inmoble. Sucedeu na Travesa de Vigo, á altura do número 78.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ao fío das 23:10 horas para dar conta do incendio. Indicaba no seu relato que o edificio estaba cheo de fume e descoñecía de onde saía. Engadía que ningunha persoa se atopaba afectada polo fume.

Decontado, os xestores do CIAE112 puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local e dos Bombeiros de Vigo, que sufocaron o incendio.

Comentarios
Lo más