miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Abren o prazo para as axudas para a plantación de árbores frondosas para previr os incendios forestais

Abren o prazo para as axudas para a plantación de árbores frondosas para previr os incendios forestais
Abren o prazo para as axudas para a plantación de árbores frondosas para previr os incendios forestais

Nesta terceira fase, o Concello podería chegar a plantar ata 4.000 árbores nunha superficie aproximada de 12 hectáreas, dentro das faixas secundarias de xestión de biomasa

Este xoves, 31 de xaneiro, sae publicada no BOP a convocatoria de axudas para desenvolver accións preventivas coa plantación de árbores frondosas caducifolias na rede de liñas secundarias para a xestión de biomasa definidas no plan de medidas preventivas fronte incendios forestais no período 2018-2019. 

Nesta liña de axudas poden participar exclusivamente os propietarios de fincas, que estean incluídas nos ámbitos 09 (Ventosa, Lombao, urbanización do Bosque Animado) e nos ámbitos 04A e 04B (monte de Outeiro - Pena Amarela). A esta liña de axudas destínanse 18.000 euros. 

O plan de prevención de incendios forestais, aprobado en Pleno, recolle ir actuando cada ano en diversas zonas do concello ata completar todas as parroquias. Nesta terceira fase, o Concello podería chegar a plantar ata 4.000 árbores nunha superficie aproximada de 12 hectáreas, dentro das faixas secundarias de xestión de biomasa.

A terceira fase do plan municipal de prevención de incendios forestais do Concello de Ames dá continuidade á experiencia piloto posta en marcha en 2016 e que tivo continuidade no período outono/inverno 2017-2018. O goberno municipal, xunto cos técnicos municipais, determinaron que nesta terceira fase rematarase a actuación, que comezou no período 2017-2018, do ámbito 04, dividido en dúas partes 04A e 04B. Nesta ocasión actuarase no monte de Outeiro e Pena Amarela, así como no ámbito 09 (Ventosa, Lombao e na urbanización do Bosque Animado.

Este traballo realizase en coordinación entre o persoal técnico da Concellaría de Medio Ambiente e persoal contratado polo Concello para este fin. Deste xeito, unha técnica do departamento de Medio Ambiente márcalle diariamente as directrices do traballo a unha brigada, composta por un capataz e dous peóns. O Concello asume o custe da contratación deste persoal da brigada, que ronda os 34.000 euros, por un período de cinco meses.

A este importe hai que engadirlle o custe que supón dispor dun vehículo todoterreo e os equipo de protección individual (EPIS). Isto suma 8.000 euros, o que da un importe total de 42.000 euros. Ademais, o Concello asume o custe da compra de árbores e mailos traballos de preparación dos terreos para a posterior plantación que ascende a 18.000 euros. En total, o Concello destinará 60.000 euros de fondos propios á segunda fase deste plan.

Comentarios
Lo más