miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Regresan as actividades programadas no Espazo Xuvenil de Ribeira

Regresan as actividades programadas no Espazo Xuvenil de Ribeira
Regresan as actividades programadas no Espazo Xuvenil de Ribeira

Polos demais, o Espazo Xuvenil permanecerá aberto todos os venres, sábados e domingos de 17:00 a 21:00 horas

As actividades programadas no Espazo Xuvenil de Ribeira na segunda planta do mercado regresan este mes de febreiro con novas propostas gratuítas orientadas aos mozos e mozas con idades entre os 14 e o 19 anos.

Catro serán as actividades previstas durante este mes:

- “Inglés sen vergonza!”, todos os venres de 18 a 20 horas, que incluirá karaoke, proxección de películas en versión orixinal, charlas coas amizade, etc… todo isto por suposto en lingua inglesa.

- “Cámara e micro abertos”, sábados 1 e 2 de 17 a 21 horas; gravaranse comentarios sobre actualidade, música, moda, deportes, videoxogos, etc...

- “Facemos música electrónica”, sábado 9 de 18 a 21 horas, onde se darán a coñecer os fundamentos da xeración de son cun sintetizador analóxico e dixital.

- “Obradoiro de creación de web series”, venres, sábados e domingos dende o 15 de febreiro, de 17 a 21 horas, e para isto se precisará de guionistas, persoal de produción, dirección, actrices, actores, xente de maquillaxe e vestiario.

Polos demais, o Espazo Xuvenil permanecerá aberto todos os venres, sábados e domingos de 17:00 a 21:00 horas.

Comentarios
Lo más