miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Demandan o arranxo das beirarrúas de Federica Montseny

Demandan o arranxo das beirarrúas de Federica Montseny
Demandan o arranxo das beirarrúas de Federica Montseny

O Grupo Popular presentará unha iniciativa no Pleno de febreiro para que o Goberno local actúe na zona

Desde hai varios meses, a veciñanza da rúa Federica Montseny, radicada no barrio do Castiñeiriño nas proximidades de Lamas de Abade, veñen raclamando unha maior atención para esta rúa que presentada numerosas deficiencias, produto dun mantemento “chamativamente deficiente”, aseguran os populares de Santiago.

A pesar de ser unha urbanización bastante recente, con pouco máis de unha década de vida, o aspecto da rúa e das beirarrúas mostran un deterioro notable.

O Grupo Municipal Popular leva tempo recollendo as queixas dos veciños, que se refiren principalmente a contorna da praza existente, onde o pavimento se atopa moi fracturado, as beirarrúas presentan irregularidades, con sumidoiros atascados que provocan charcos cando chove e os arredores da zona verde central, desprovista de calquera tipo de protección, vense invadidos con frecuencia polos vehiculos que ocasionan profundas rodeiras sobre a herba.

Os Populares denuncian que a situación de abandono esténdese á continuación desta rúa, logo de cruzar a rúa da Virxe Branca, onde a maleza invade as beirarrúas e os alcorques das árbores están convertidos en auténticas toxeiras que chegan ata a propia rúa dificultando o aparcamento e raiando os vehículos.

Ante este estado de cousas, o Grupo que dirixe Agustín Hernández vai presentar un rogo no Pleno deste mes de febreiro urxindo ao Goberno de Compostela Aberta co fin de que actúe, rehabilite a zona e garanta un períodico mantemento.

Comentarios
Lo más