miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández visita o barrio de Meixonfrío para coñecer as demandas dos veciños

Agustín Hernández visita o barrio de Meixonfrío para coñecer as demandas dos veciños
Agustín Hernández visita o barrio de Meixonfrío para coñecer as demandas dos veciños

Durante o percorrido, os veciños explicáronlle que son moitas as necesidades desta zona de Santiago, precisando que xa é imprescindible levar a cabo a reurbanización da rúa Mallou e a apertura do vial entre a rúa de Noguera e a rúa Mallou

Agustín Hernández, candidato á alcaldía de Santiago de Compostela, visitou este domingo a parroquia de de Meixonfrío para escoitar da veciñanza as carencias da zona. O voceiro Popular, que estivo acompañado da concelleira, María Corral, fixo un longo percorrido por unha parroquia, que conta con lugares que demandan bastantes servizos.

Durante o percorrido, os veciños explicáronlle que son moitas as necesidades desta zona de Santiago, precisando que xa é imprescindible levar a cabo a reurbanización da rúa Mallou e a apertura do vial entre a rúa de Noguera e a rúa Mallou; o acondicionamento da zona Forniños-Campiña; da vía Mallou de Abaillo (Cancelas-Amio); e da finca municipal, ademais de ter que executar beirarrúas no camiño dos Vilares.

Así mesmo, a veciñanza lembroulle que é imprescindible levar a cabo o mantemento das infraestruturas do barrio, xa que hai elementos como beirarrúas, pavimento en mal estado, que soporta fochancas de gran tamaño, o que supón que, tanto peóns como vehículos, se vexan afectados.

Os veciños tamén explicaron que hai graves deficiencias nos servizos básicos de auga; recollida de lixo, e xardíns, entre outras. Outra das demandas máis importantes para os habitantes desta zona da capital de Galicia é a carencia no transporte urbán, xa que soportan vehículos envellecidos e frecuencias moi precarias, polo que esixen que se reestrucutre.

Por outra banda, tamén lemraron a Agustín Hernández que é necesario a mellora da sinalización e mantemento do Camiño Inglés ao seu paso polo barrio; a zona tamén sofre carencia de rozas.

Comentarios
Lo más