miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

ASOTRAME inaugura exposición Reflexos de Vida no CHUS

ASOTRAME inaugura exposición Reflexos de Vida no CHUS
ASOTRAME inaugura exposición Reflexos de Vida no CHUS

Será ás 11:00 horas na entrada principal do Hospital Clínico de Santiago

A Asociación Gallega de Transplantados de Médula Ósea (Asotrame) inaugura no Hospital Clínico de Santiago unha exposición fotográfica que pretende difundir e sensibilizar sobre a doazón de medula ósea, coincidindo co Día Mundial do Cancro.

Esta mostra, que leva por nome Reflexos de Vida, recolle fotografías e texto das persoas que están vinculadas nun proceso de transplante, sendo estas unha hematóloga, unha enfermeira, unha doadora e unha receptora.

A presentación será na entrada principal do hospital e estarán presentes a xerente do CHUS, Eloína Núñez, o xefe de Hematoloxía, José Luis Bello, a presidenta de Asotrame, Cristina Piñeiro, o coordinador de Asotrame en Santiago, Mario Álvarez, ademais de dúas irmás que forman parte da campaña, a que doou a medula, Elena Pet e a receptora, Cristina Pet.

Asotrame tamén aproveitará o acto para facer entrega dunha doazón á directora da Fundación IDIS, María Gómez-Reino, sendo outro dos obxectivos da entidade o colaborar en proxectos de investigación contra o cancro.

Comentarios
Lo más