Tres feridos nun choque entre dous turismos
14:08 03/02/19
14:08 03/02/19
Un dos vehículos deu varias voltas de campá e caera por un barranco
Sobre as 3:30 horas desta madrugada, o CIAE foi informado por un particular dun accidente entre dous turismos e con tres persoas feridas, en Pazos de Borbén (Pontevedra).
O alertante indicaba que o sinistro ocorrera, concretamente, entre os puntos quilométricos 6 e 7 da estrada de Porriño, en Cepeda.
Un dos vehículos deu varias voltas de campá e caera por un barranco. Aseguraba que os ocupantes dos turismos estaban todos fora.
Con estes datos, dende o 112 Galicia informouse ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico que xa tiñan constancia dos feitos, ao haber sido alertados polo mesmo particular.