miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un falecido e un ferido leve en Arbo tras caer o vehículo no que viaxaban á vía do tren

Un falecido e un ferido leve en Arbo tras caer o vehículo no que viaxaban á vía do tren
Un falecido e un ferido leve en Arbo tras caer o vehículo no que viaxaban á vía do tren

Foi un particular, quen pasados uns minutos das 04:00 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda

Unha saída de vía en Arbo deixou esta madrugada un falecido e un ferido ao caer o coche no que viaxaban á vía do tren.

Foi un particular, quen pasados uns minutos das 04:00 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que un coche que circulaba pola Ponte que vai a Melagaço, no concello de Arbo (Pontevedra), se saíra da vía e caera ás vías do tren, pensaba ademais, que dúas persoas podían estar no interior do vehículo.

De inmediato, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia se alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Ponteareas e á Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, informouse ao persoal de ADIF Emerxencias que procedeu ao corte da catenaria, para que os servizos de emerxencia puidesen traballar. Neses intres, efectivos de Protección Civil de Viana do Castelo comunicaban, ao persoal do 112 Galicia, da saída dos Bombeiros e dos axentes da G.N.R. de Portugal cara ao punto.

Unha vez no punto, cortada a catenaria e revisada a liña de tensión na vía, os Bombeiros de Ponteareas confirmaron que foi necesario excarcerar –falecido- ao copiloto. O condutor do turismo, que pensan que foi o alertante que chamou ao 112 para pedir axuda, tras o impacto, saíu despedido e resultou ferido leve. 

Comentarios
Lo más