Saída de vía na estrada vella que vai a Carballo
Tras rematar a intervención, os Bombeiros confirmaron aos xestores de emerxencias que foi preciso retirar a porta do turismo para evacuar á persoa ferida
ao fío das 5:00 horas, tamén unha persoa particular informaba dunha saída de vía á altura do Aeroclub, na estrada vella que vai a Carballo, a DP-0701. No seu relato, aseguraba que o condutor puidera saír do vehículo pero, a acompañante, tiña unha perna rota e non abrían as portas do turismo.
Nada mais recibir o aviso, o 112 Galicia avisou decontado aos Servizos Sanitarios de Urxencia, aos Bombeiros de Santiago, aos axentes de Tráfico e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil.
Tras rematar a intervención, os Bombeiros confirmaron aos xestores de emerxencias que foi preciso retirar a porta do turismo para evacuar á persoa ferida.