miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Catro persoas feridas nun accidente na Estrada

Catro persoas feridas nun accidente na Estrada
Catro persoas feridas nun accidente na Estrada

O accidente ocorreu na AP-53, no punto quilométrico 21, en Orazo

Un total de cinco vehículos chocaron onte ao mediodía no termo municipal da Estrada (Pontevedra) e catro persoas resultaron feridas, informou o 112.

O accidente ocorreu na AP-53, no punto quilométrico 21, en Orazo.

Eran sobre as 14:00 horas, cando o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ( CIAE) 112 Galicia recibía a chamada dun particular que informaba dunha colisión en cadea, no punto indicado.

Tras o aviso, os xestores de emerxencias ademais de alertar ás 061-Urxencias Sanitarias, informaron os Bombeiros do Deza, ao GES da Estrada, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron o traslado de catro persoas ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, indicaron que foi necesario cortar ese punto da vía mentres duraron as tarefas de limpeza.

Comentarios
Lo más