Os populares de Ames afirman que no último pleno "quedou demostrado que o Goberno tripartito de Ames, é de todo, menos de Ames”
Nun primeiro lugar debateuse a proposta do Grupo Municipal Popular, no que solicitaban instar ao Ministerio e á Xunta de Galicia para que os fondos europeos do programa FEDER quedaran en Galicia
O xoves, tivo lugar o Pleno Municipal do mes de xaneiro no Concello de Ames. O Partido Popular, mostraron a súa sorpresa, xa que “quedou demostrado que o Goberno tripartito de Ames, é de todo, menos de Ames”, afirmaban.
Nun primeiro lugar debateuse a proposta do Grupo Municipal Popular, no que solicitaban instar ao Ministerio e á Xunta de Galicia para que os fondos europeos do programa FEDER quedaran en Galicia, ante a posible perda dos mesmos, e que ían destinados á depuradora da Silvouta en Santiago.
Neste caso, dende a bancada popular, solicitaban que o investimento fose para a construción ou ampliación da EDAR de Sisalde en Bertamiráns, instalación que foi construída no ano 2001 e que xa leva máis de 10 anos superando a súa capacidade e, por outra banda, para a mellora do sistema de saneamento e depuración do sistema de saneamento de Calo-Milladoiro; deixando claro, en todo momento, que a súa prioridade era a EDAR da Silvouta.
Por outra banda, e continuando coas sorpresas, o xoves quedaba aprobado por unanimidade o Regulamento do programa “Xantar na Casa”. A concelleira socialista Luisa Feijóo defendou o punto, a mesma que o 7 de xaneiro publicaba nas súas redes sociais: “o regulamento non é preciso xa que o mesmo texto do convenio serve para regulalo...”. Unha afirmación que, ao mesmo tempo, chocaba co Decreto do Alcalde no que afirmaba: “... resulta imprescindible no momento presente aprobar un Regulamente do programa Xantar na Casa...” afirman os populares.
Pola súa banda, os populares afirmaban que "o Goberno tripartito quedaba retratado"; e reafírmanse en que no ano 2018 non houbo ningún usuario, perdendo así a aportación da Xunta de Galicia, tal e como comezaran afirmando a principios de decembro, cando indicaban que o Goberno tripartito de Ames fora incapaz de implementar o programa.