miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Marea Cidadá de Noia quere que a vila se incorpore na área metropolitana

A Marea Cidadá de Noia quere que a vila se incorpore na área metropolitana
A Marea Cidadá de Noia quere que a vila se incorpore na área metropolitana

O voceiro da Marea Cidadá de Noia, Manolo Seijas, mantivo este xoves unha reunión en Raxoi co concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade de Santiago, Jorge Duarte

A Marea Cidadá de Noia mantuvo unha reunión con Jorge Duarte, concelleiro de Compostela Aberta, para abordar cuestións como a inclusión de Noia na Área Metropolitana ou melloras no aparcamento do CHUS.

O voceiro da Marea Cidadá de Noia, Manolo Seijas, mantivo este xoves unha reunión en Raxoi co concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade de Santiago, Jorge Duarte.

Nesta reunión, o voceiro da Marea noiesa transmitiu ó concelleiro compostelán a necesidade da inclusión da Vila na área metropolitana de Santiago, como se ven reclamando dende hai anos pola formación. Ademais, tratouse a problemática do aparcadoiro do CHUS, que ten amosado a súa incapacidade para dotar de aparcadoiro ós doentes que se achegan ó Hospital nos momentos de maior saturación.

Neste sentido, Duarte transmitiu o total apoio de Compostela Aberta e do concello picheleiro á proposta de inclusión de Noia na Área Metropolitana. Ademais, informou de que o Concello cedeu unha parcela próxima ao CHUS para que o Hospital constrúa un novo aparcadoiro con capacidade para 500 vehículo, pero que xerencia non aceptou esta cesión.

Outro dos temas máis importantes tratados na reunión foi a conexión de Noia co resto de vilas e cidades do país, conexión para a cal Santiago supón un eixo fundamental. Neste sentido, comentouse que a liña de autobús Noia-Compostela teña unha parada na intermodal, posibilitando así a conexión tanto co resto de cidades como co aeroporto. Jorge Duarte deu conta de que intermodal estará lista para finais de 202.

Por último, a reunión abarcou tamén a cuestión do Camiño de Santiago e da promoción da Vila de Noia como potencia turística. Considerouse de enorme importancia a posta en valor do patrimonio histórico e cultural que ambas poboacións comparten, e a idea da cooperación é compartida por ambos representantes. Neste sentido, e á espera do estudo sobre o trazado, ambas partes entenden que Noia e Compostela deben xogar un papel líder nesta candidatura. 

Comentarios
Lo más