miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Almuiña presidiu a IX Premio internacional Marcial Campos á investigación termal

Almuiña presidiu a IX Premio internacional Marcial Campos á investigación termal
Almuiña presidiu a IX Premio internacional Marcial Campos á investigación termal

O traballo gañador deste ano estuda os efectos positivos da utilización terapéutica das augas mineromedicinais en 107 nenos con problemas respiratorios

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, referiuse onte á importancia de apostar pola calidade, a innovación e a investigación para manter o elevado nivel do termalismo galego durante o acto de entrega do IX Premio internacional Marcial Campos á investigación termal.

Almuiña destacou a oferta termal de Galicia como o produto turístico galego con maior potencial internacional tras o Camiño de Santiago, convertido Galicia en destino de turismo de saúde en España.

O traballo gañador deste ano estuda os efectos positivos da utilización terapéutica das augas mineromedicinais en 107 nenos con problemas respiratorios.

Comentarios
Lo más