Catro persoas trasladadas a causa dun choque entre dous turismos en Portomarín
Unha vez no punto, membros do GES solicitaron asistencia sanitaria para unha menor
Un choque entre dos turismos deixou catro feridos, entre eles un menor, en Portomarín (Lugo).
Ao fío das 10:30 horas desta mañá un particular alertaba ao 112 Galicia dun accidente entre dous vehículos ao seu paso pola estrada N-540, á altura da saída de Portomarín, en Nespereira. O alertante indicaba que non parecía haber feridos e que os coches entorpecían a circulación.
Con estes datos, os xestores do CIAE puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico e informaron aos membros do GES de Monterroso, aos Bombeiros de Chantada e a Protección Civil de Portomarín.
Unha vez no punto, membros do GES solicitaron asistencia sanitaria para unha menor. Por iso, pasouse aviso decontado ao 061-Urxencias Sanitarias.
Finalmente, membros do GES confirmaron o traslado de catro persoas.