miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Preto dun centenar de incidencias polo paso do temporal Helena

Preto dun centenar de incidencias polo paso do temporal Helena
Preto dun centenar de incidencias polo paso do temporal Helena

A caída de árbores e pólas nas estradas sigue a ser a tipoloxía mais repetida (40), seguida das (14) incidencias xestionadas por neve e os (11) incidentes por obxectos caídos nas vías

Nas últimas 12 horas, entre as 18:00 horas de onte e as 06:00 horas de hoxe, o 112 Galicia xestionou ao redor dun cento de incidencias. A caída de árbores e pólas nas estradas sigue a ser a tipoloxía mais repetida (40), seguida das (14) incidencias xestionadas por neve e os (11) incidentes por obxectos caídos nas vías.

Por provincias, a de A Coruña foi a mais afectada con (46) incidencias, Pontevedra con (29), Lugo con (14), Ourense con (9) e (1) incidencia rexistrada noutras Comunidades. Cómpre sinalar que na provincia da Coruña, o Concello de Oleiros, no período de tempo indicado, foi un dos mais afectados, con un total de (6) incidentes. Os concellos de Lalín (4), Vigo e Ponteareas con (3) incidencias cada un deles e o de Rodeiro con (2) incidencias na provincia de Pontevedra, o de Foz e Sarria, na provincia de Lugo, con dous incidencias cada un deles rexistrado e, por último, na provincia de Ourense, os concellos de Pobra de Trives e do Carballiño tamén con (2) incidencias rexistradas cada un deles.

En canto á neve, salientamos no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), o corte por acumulación de neve, da estrada que une as aldeas de Casoio, Río Dolas, Soutadoiro e Ricosende. As catro aldeas quedaron incomunicadas. Tamén, no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, dous mozos que viaxaban nun vehículo sen cadeas quedaron atrapados pola neve, na estrada OU-0602, en Cadeliña. Tras alertar ao 112 Galicia e grazas ao envío das coordenadas por Whatsap, puideron ser localizados con rapidez polos servizos de emerxencia da zona.

Tamén, o paso das borrascas nos pasados días seguen deixándose notar en distintos lugares da nosa Comunidade. Así, no concello pontevedrés de Gondomar, un particular chamou ao 112 Galicia para avisar de que o pobo da Fraga estaba sen alumeado público. Así mesmo, no de Vigo, en Cabral tamén un particular indicou ao 112 que no Camiño das Fontiñas de Arriba non había alumeado público. 

Comentarios
Lo más