miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres feridos en Mazaricos tras colidir dous coches por mor do xeo

Tres feridos en Mazaricos tras colidir dous coches por mor do xeo
Tres feridos en Mazaricos tras colidir dous coches por mor do xeo

Os Bombeiros de Santa Comba indicaron que tras sacar a unha das ocupantes do vehículo, axudaron na evacuación do acompañante

Un choque entre dous turismos deixou tres persoas feridas esta mañá na localidade coruñesa de Mazarícos. 

O xeo na estrada, parece ser a causa do accidente. Así o indicaba o alertante que chamou ao 112 Galicia, sobre as 07:00 horas, para pedir axuda. Indicaba que colidiron dous vehículos á altura de Chacín, no punto quilométrico 70-71 da AC-400, e que había dúas persoas atrapadas no interior dun dos vehículos.

Con estes datos, os profesionais do 112 Galicia axiña deron conta dos feitos ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Xallas. Tamén informaron á Garda Civil de Tráfico, GES de Muros e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Os Bombeiros de Santa Comba indicaron que tras sacar a unha das ocupantes do vehículo, axudaron na evacuación do acompañante. Finalmente, membros do GES comunicaron que foron tres as persoas que resultaron feridas.

Comentarios
Lo más