Saída de vía en Pontevedra
Segundo explicaron os Bombeiros de Ribadumia ao 112 Galicia, non foi preciso o uso do material de excarceración pero si axudaron a sacar á persoa do interior do turismo
En Pontevedra, sobre as 00:00 horas desta noite, o CIAE recibía a chamada dun particular que informaba dunha saída de vía, en Pontevedra. Indicaba que o coche estaba semienvorcado e cunha persoa no seu interior que non parecía estar ferida pero que podía estar atrapada.
O accidente ocorreu, na PO-531, en A Devesa, Alba. Ata o punto, achegáronse os Bombeiros de Pontevedra, de Ribadumia, os axentes de Tráfico e da Policía Local, ademais do persoal do servizo de mantemento da estrada.
Segundo explicaron os Bombeiros de Ribadumia ao 112 Galicia, non foi preciso o uso do material de excarceración pero si axudaron a sacar á persoa do interior do turismo para ser trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.