miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 240 persoas participarán este domingo na proba de resistencia en bicicleta de montaña

Máis de 240 persoas participarán este domingo na proba de resistencia en bicicleta de montaña
Máis de 240 persoas participarán este domingo na proba de resistencia en bicicleta de montaña

O Club Ciclista Os Esfola Arrós, en colaboración co Concello de Ames e a empresa Team Relay, organiza este domingo, 3 de febreiro, a proba de resistencia “BTT OEA – Concello de Ames 2019"

Este domingo, 3 de febreiro, celebrarase a proba de resistencia en bicicleta de montaña organizada polo Club Ciclista Os Esfola Arrós, en colaboración co Concello de Ames e a empresa Team Relay. Na proba participarán un total de 243 persoas, das que 78 están inscritas na proba por parellas, mentres que 165 realizarán a proba de forma individual. O percorrido, que sairá do parque do Pedregal de Bertamiráns, consistirá nun só recorrido duns sete quilómetros, cun desnivel positivo acumulado por volta de 90 metros. Haberá sete categorías, e un total de 14 subcategorías.

O Club Ciclista Os Esfola Arrós, en colaboración co Concello de Ames e a empresa Team Relay, organiza este domingo, 3 de febreiro, a proba de resistencia “BTT OEA – Concello de Ames 2019”. O itinerario consistirá nun circuíto semi-urbano duns sete quilómetros cun desnivel positivo acumulado por volta de 90 metros, e que tamén contará con zonas con obstáculos, tanto naturais como artificiais, co obxectivo de aumentar o compoñente lúdico da proba. A zona de meta estará situada no parque do Pedregal de Bertamiráns, nos arredores da praza da Maía.

Unha vez rematada a proba, que comezará ás 10.00h, outorgaranse un total de 55 premios entre os participantes que obteñan as mellores posicións en cada subcategoría. Así, na categoría individual, en cada subcategoría (feminina e masculina) galardoarase ás tres persoas que acaden os primeiros postos, agás na categoría xeral, onde os premios se repartirán entre os cinco participantes que acaden as posicións máis altas, con independencia da subcategoría. Dentro da categoría por parellas premiarase aos cinco grupos que queden en mellor posición en cada subcategoría

Comentarios
Lo más