A Confraría Franciscana da Vera Cruz, celebra esta tarde a Festividade da Virxe da Candelaria
06:30 02/02/19
06:30 02/02/19
O acto terá lugar na Igrexa Conventual de San Francisco e estará aberto á participación de todolos fieis
A Confraría Franciscana da Vera Cruz, celebra esta tarde, ás 20:00 horas, a festividade da Virxe da Candelaria, na que se levará a cabo unha Eucaristía solemne coa realización da presentación e bendición aos nenos e nenas presentes para invocar a protección da Santísima Virxe. Ademais, a sección musical “Vera Cruz” realizará una ofrenda floral diante da súa titular.
O acto terá lugar na Igrexa Conventual de San Francisco e estará aberto á participación de todos aqueles fieis que sendo ou non Confrades desexen presentar aos seus cativos ante a Santísima Virxe.