Galicia rexistra esta tarde 119 incidencias por mor do temporal Helena
A tipoloxía máis repetida é a incidencia nas estradas provocada pola caída de árbores e pólas (34), riscos e prevención de risco (21), incidencias por neve (19), e obxectos varios caídos na vía (10)
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia rexistrou, desde as 12:00 horas ata as 18:00 horas de hoxe, un total de 119 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa que está a afectar á nosa Comunidade.
Por provincias, a da Coruña foi a máis afectada con 52 incidencias rexistradas, Pontevedra con 33, seguida de Lugo con 24, Ourense con 8 incidencias contabilizadas e outras dous rexistradas noutras Comunidades.
A tipoloxía máis repetida é a incidencia nas estradas provocada pola caída de árbores e pólas (34), riscos e prevención de risco (21), incidencias por neve (19), e obxectos varios caídos na vía (10).
En canto aos concellos onde máis se deixou notar o temporal neste período destacan, na provincia da Coruña, o de Santiago con 5 incidencias, o de Bergondo con 6, A Coruña con 4 e Ferrol con 5. Por outra banda, destacamos o concello de Becerreá con 3 incidentes e outros 3 incidentes para o concello de As Nogais.
Na provincia de Ourense, o concello máis afectado foi o de Ourense con 2 incidentes . Por último, salientamos as 9 incidencias que se rexistraron no concello de Vigo e as 3 no concello de Vilagarcía de Arousa.