A Irmandade dos Estudantes celebra esta tarde o acto de Confrades de Honra 2019
O colexio “Nosa Señora dos Remedios” presta como sede da Confraría as súas instalacións, ademais de colaborar para que os seus alumnos participen nos diversos actos
A Irmandade dos Estudantes do Santísimo Cristo da Misericordia, celebra esta tarde, ás 20:00 horas, o acto de Confrades de Honra deste ano 2019 na Igrexa das Orfas.
A Confraría quere recoñecer con este acto os méritos persoais á deportista Verónica Boquete Giadáns; a Protección Civil de Santiago de Compostela, pola súa colaboración durante a Semana Santa de Santiago; e por último, ás Fillas da Caridade, en agradecemento á colaboración coa Irmandade dende a propia fundación.
O colexio “Nosa Señora dos Remedios” presta como sede da Confraría as súas instalacións, ademais de colaborar para que os seus alumnos participen nos diversos actos, así como na procesión que percorre as rúas de Santiago a noite do Mércores Santo.
Dende a Xunta de Goberno convidan, non só a Confrades a participar no acto, senón que está aberto a familiares, amigos e seguidores do Cristo da Misericordia.