miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arden ao redor de 60 metros cadrados de chatarra no recinto dunha empresa de construción en Tomiño

Arden ao redor de 60 metros cadrados de chatarra no recinto dunha empresa de construción en Tomiño
Foto de archivo
Arden ao redor de 60 metros cadrados de chatarra no recinto dunha empresa de construción en Tomiño

Sucedeu sobre as 19:30 horas en Figueiró

Ao redor de 60 metros cadrados, ademais de diversas pranchas metálicas e de outros materiais almacenadas nun depósito no recinto dunha nave arderon, a pasada tarde, sen causar ningún tipo de dano persoal nin ambiental, no concello pontevedrés de Tomiño. 

Así, o comunicaron os axentes da Garda Civil unha vez finalizadas as tarefas de extinción.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do incendio sobre as 19:30 horas da tarde pasada. Foi a esa hora, cando os axentes da Garda Civil indicaban aos xestores de emerxencias que foran alertados por unha muller dun incendio preto dunha nave, en Figueiró. Segundo o relato dos axentes, a muller lles indicaba que descoñecía o que ardía pero que escoitaba moitos estoupidos.

Tras o aviso, dende o 112, decontado se activou un operativo formado polos Bombeiros de Baixo Miño, GES da Garda, Policía Local ademais dos axentes da Garda Civil que xa daban conta dos feitos. Tamén, púxose en alerta aos servizos sanitarios de urxencia e aos Bombeiros de Vigo, por se fose precisa nalgún momento a súa intervención, así como, tamén se informou ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Os membros dos servizos de extinción, nada mais sufocar as lapas, remover e limpar a zona, deron por finalizada a súa intervención.

Comentarios
Lo más