miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Baixada das temperaturas con máis chuvias durante este venres

Baixada das temperaturas con máis chuvias durante este venres
Baixada das temperaturas con máis chuvias durante este venres

En Compostela a temperatura acadará os 3ºC e a máxima chegará aos 9ºC

O venres quedaremos na influencia dunha borrasca localizada ao norte, moi preto de Galicia, que deixará aire frío nas capas altas da atmosfera. 

Así, agárdase unha xornada de moita inestabilidade atmosférica, con chuvias xeneralizadas, localmente acompañadas de aparato eléctrico e sarabia. 

A cota de neve situarase pola mañá nos 800 metros e irá en progresivo descenso ata quedar nos 600 metros á noite.

As temperaturas sufrirán un descenso entre moderado e notable. En Compostela a temperatura acadará os 3ºC e a máxima chegará aos 9ºC.

Os ventos soprarán fortes de compoñente oeste, con refachos moi fortes en todo o litoral e zonas altas do interior.

Comentarios
Lo más