Ames abre o prazo para solicitar a adxudicación directa de nichos no cemiterio municipal
Os veciños e veciñas que o desexen poderán solicitar de xeito directo as unidades de enterramento que quedaron sen adxudicar na licitación anterior
Na Xunta de Goberno Local do 17 de xaneiro de 2019 aprobouse a convocatoria, por adxudicación directa, das unidades de enterramento que quedaron sen adxudicar na licitación anterior. Os interesados deberán presentar a correspondente solicitude de adxudicación directa de unidades de enterramento do cemiterio municipal de Ames.
Os veciños e veciñas que o desexen poderán solicitar de xeito directo as unidades de enterramento que quedaron sen adxudicar na licitación anterior, aprobada en Xunta de Goberno Local do 26 de outubro de 2017, do cemiterio municipal doas Batáns.
Dentro de dita convocatoria pódese optar a 94 columbarios, situados na rúa número 1, por un período de 25 anos (500 euros) ou 75 anos (552 euros); 58 panteóns tipo A, situados na rúa número 1, por un período de 25 anos (2.635,83 euros) ou 75 anos (4.754 euros); e 96 panteóns tipo A, situados na rúa número 7, por un período de 25 anos (2.635,83 euros) ou 75 anos (4.754 euros).
Dos panteóns tipo B ou nichos independentes da rúa número 2 foron adxudicados 1 panteón tipo B e 6 nichos independentes, o cal permite sacar a licitación un total de 278 nichos independentes, que poderán adxudicarse na modalidade de nichos independentes ou panteóns tipo B.
Deste xeito, pódese optar ao panteón tipo B por un período de 25 anos (3.106,44 euros) ou 75 anos (5.591,60 euros); e aos nichos independentes da rúa número 2, por un período de 25 anos (850 euros) ou 75 anos (1.481,78 euros). Asemade, pódese optar a 58 tumbas, situadas na rúa 6, por un período de 25 anos (823,21 euros) ou 75 anos (1.481,78 euros).