miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Goberno Local de Oroso explica sobre a instalación da tarima na igrexa de San Román de Paradelos

O Goberno Local de Oroso explica sobre a instalación da tarima na igrexa de San Román de Paradelos
O Goberno Local de Oroso explica sobre a instalación da tarima na igrexa de San Román de Paradelos

“O portavoz do PP mentiu unha vez máis cando dixo que pedira un pleno extraordinario; non o fixo, non o pediu, supoño que por que nin sequera tuvo o apoio do seu grupo”, sostén o alcalde, Manuel Mirás

O grupo do goberno do Concello de Oroso aproveitou o pleno ordinario de onte para dar explicacións precisas á cidadanía sobre as obras para instalar unha tarima na igrexa de San Román de Paradelos. O investimento nos traballos foi de 1.010 euros + IVA.

“Non temos nada que agochar e por iso damos explicacións aos veciños e veciñas; os traballos consistiron na instalación dunha tarima na igrexa de San Román de Paradelos, pero a empresa que realizou a obra cometeu un erro na redacción da factura e en vez de igrexa de San Román puxo local social de San Román. Iso foi todo”, explicou Mirás no pleno.

“Foi unha obra demandada polos veciños e feita nun ben patrimonial de interese xeral, como é a igrexa de San Román de Paradelos; falamos dun tema menor, a obra consistiu na instalación dunha tarima de 12 metros cuadrados”, manifestou.

“O único motivo polo que a Xunta de Goberno acudiu ao xulgado a declarar sobre este tema foi o erro na redacción da factura, tal e como recoñeceu a empresa, e todos os feitos quedaron aclarados no xulgado”, apuntou o alcalde de Oroso na sesión plenaria.

“O portavoz do PP, Alexander Doval, mentiu unha vez máis cando dixo que pedira un pleno extraordinario; non o fixo, supoño que por que nin sequera tuvo o apoio do seu propio grupo. O PP sabe que non hai caso”, engadiu o alcalde, Manuel Mirás.

Comentarios
Lo más