miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Traslada a unha muller ao hospital tras sairse da vía e envorcar co coche en San Cibrao das Viñas

Traslada a unha muller ao hospital tras sairse da vía e envorcar co coche en San Cibrao das Viñas
Foto de arquivo
Traslada a unha muller ao hospital tras sairse da vía e envorcar co coche en San Cibrao das Viñas

O suceso tivo lugar sobre as 17:00 horas na altura do punto quilométrico 224

Unha saída de vía na A-52, ao paso pola parroquia ourensá de San Cibrao das Viñas, saldouse cunha muller trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Pouco antes das 17:00 horas varios particulares chamaron ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia para informar dun coche envorcado cunha muller fora do vehículo na altura do punto quilométrico 224.

De inmediato o persoal do 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de San Cibrao das Viñas, ao GES de Pereiro Aguiar, aos voluntarios de Protección Civil e tamén ao servizo de mantemento das estradas.

Comentarios
Lo más