Dúas persoas trasladadas despois dunha colisión múltiple
O sinistro tivo lugar aor redor das 15:30 horas na AP-9 en Vigo
Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras sufrir un accidente co vehículo no que viaxaban na altura do punto quilométrico 2 da Autopista en dirección a Pontevedra.
Ao redor das 15:30 horas da tarde de hoxe, unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para dar conta dun sinistro con tres coches involucrados. Decontado, os xestores do CIAE 112 avisaron ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vigo, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e tamén ao servizo de mantemento das estradas.
Unha vez no lugar do accidente, os profesionais sanitarios confirmaron que dúas das persoas implicadas no sinistro estaban feridas leves e encontrábanse accesibles, polo que non foi necesario o uso de material de excarceración.