miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Liberan a un condutor ao quedar atrapado no interior da súa furgoneta despois dun accidente

Liberan a un condutor ao quedar atrapado no interior da súa furgoneta despois dun accidente
Liberan a un condutor ao quedar atrapado no interior da súa furgoneta despois dun accidente

O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través da chamada dunha persoa particular, pasados uns minutos das 09:00 horas de hoxe

Unha persoa foi liberada esta mañá en Cospeito despois de quedar atrapada no interior da furgoneta ao chocar contra un camión.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través da chamada dunha persoa particular, pasados uns minutos das 09:00 horas de hoxe. 

Tras recibir a chamada de aviso e advertir da posibilidade de persoas atrapadas, de inmediato, dende o Centro de Emerxencias informouse ademais do 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vilalba que axiña se desprazaron ao lugar. 

Tamén, se informou dos feitos aos axentes da Garda Civil de Tráfico, así como, se requiriu a intervención do persoal de mantemento da estrada para a limpeza da vía.

Unha vez no punto e liberada a persoa do interior do vehículo, a persoa foi traslada polo 061 ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más