miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Alumnos dun colexio de Narón evacuados ao patio pola mala combustión dunha caldeira

Alumnos dun colexio de Narón evacuados ao patio pola mala combustión dunha caldeira
Alumnos dun colexio de Narón evacuados ao patio pola mala combustión dunha caldeira

Os menores foron confinados no patio mentres os bombeiros comprobaron as causas que orixinaron o fume

Os alumnos dun colexio de Narón situado na Rúa Río Seco, foron confinados esta mañá no patio do centro educativo -por precaución- debido á mala combustión da caldeira calefactora.

O mesmo persoal do centro foi quen ao redor das 11:45 horas chamou ao 112 Galicia para alertar dun incendio nun deposito de gasóleo situado no patio exterior.

A partir de aí, dende o 112 Galicia púxose en alerta ao persoal sanitario por se fose precisa a súa intervención. Do mesmo xeito, alertouse aos Bombeiros de Narón e á Policía Local. O persoal da empresa suministradora que abastece ao centro tamén foi alertado polo 112 Galicia.

Finalmente, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento indicaron que non se chegou a producir incendio, únicamente, ardeu o revestimento dos tubos dunha caldeira debido a suciedade acumulada, o que provocou moito fume no colexio. Por ise motivo, os menores foron confinados no patio mentres os bombeiros comprobaron as causas que orixinaron o fume. Unha vez comprobadas, os menores voltaron ás aulas con total normalidade

Comentarios
Lo más