Agustín Hernández presenta dez medidas tributarias que suporán "un importante beneficio económico para os petos dos veciños"
Para o voceiro Popular, é “imprescindible inxectar nas economías dos veciños o que aportaron ao Concello estes últimos anos sen motivo e por mor dunha política fiscal errada”
Agustín Hernández, candidato á alcaldía en Santiago, convocou onte aos medios de comunicación para dar a coñecer as dez medidas tributarias que quere implantar no concello se gaña as eleccións. Hernández asegurou que un dos principais obxectivos do PP é levar a cabo “unha baixada de impostos xeral e progresiva para devolver aos habitantes da Capital de Galicia o que outros lle arrebataron”. Concretamente, o Goberno do ano 2010 que asinou unha subida do catastro durante dez anos, e dicir, aínda remata este ano.
Para o voceiro Popular, é “imprescindible inxectar nas economías dos veciños o que aportaron ao Concello estes últimos anos sen motivo e por mor dunha política fiscal errada”. Con esta aposta, os residentes en Santiago contarán con 10 millóns de euros no mandato 2019/2023.
Estas medidas inclúen unha baixada do IBI urbano e rústico dun 0,51% ao 0,41%, bonificacións en nucleos rurais no IBI en caso de carecer dos servizos básicos que poden ser dun 45% ata un 9%. As vivendas de protección autonómica pasarán dun 35% de bonificación a un 50% nos primeiros tres anos e nas familias numerosas pasará nun 90%.
No sector comercial Hernández aposta por bonificacións de ata o 50% no IBI en inmobles con actividades económicas e suprimir a taxa de apertura para os comercios.
No imposto dos vehículos baixar ata un 5% dependendo da cilindrada así como bonificar ás familias numerosas que necesitan vehículos de maior capacidade.
En canto ás construccións, Agustín Hernández pretende baixar o imposto de construccións dun 2% a un 1,8% durante dous anos. Ademáis suprimir a taxa de apertura no mesmo período e bonificar determinadas obras ou actuacións que melloren a accesibilidade, calefacción, zona vella, etc.
O imposto de plusvalías é outra das cuestións que pretende baixar o Partido Popular dun 22% ao 20%. Ademáis, o imposto de actividades económicas bonificarase ata un 50% en cota municipal.
Por último, os populares pretende dixitalizar a tributación municipal coa creación dunha aplicación específica tributaria para o móvil así como a creación do Plan Fusión en seis cotas todos os tributos periódicos.
Agustín Hernández quixo rematar incidindo que "o primeiro que fará o Partido Popular cando chegue á alcaldía de Santiago será elaborar unhas novas ordenanzas fiscais, que supoñan un importante beneficio económico para os petos dos veciños, posto que nós entendemos que antes están os veciños e despois as Administracións". Asegura que estas medidas será un esforzo das contas municipais de 2,5 millóns de euros e "sen recortes e axustes".