miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os traballadores das ambulancias convocan unha concentración hoxe diante do CHUS

Os traballadores das ambulancias convocan unha concentración hoxe diante do CHUS
Os traballadores das ambulancias convocan unha concentración hoxe diante do CHUS

Para o Sindicato, a orixe do problema está nos concursos que se están a facer á baixa

Hoxe, día 31, os traballadores de ambulancias de toda Galicia están convocados a unha concentración a partir das 11:00 horas diante dos hospitais públicos galegos, no CHUS de Santiago, no Hospital de Ferrol, no CHUAC de Coruña, no HULA de Lugo, no CHOU de Ourense, no Provincial de Pontevedra, no Cunqueiro de Vigo e no Hospital do Salnés en Arousa.

Dende FeSP-UGT denuncian que levaban tres anos de negociación cando na última xuntanza mantida coa patronal esta volveu ao punto de partida nas súas propostas, que pasan por unha redución salarial do 10% e posibles impagos de nóminas a partir do mes de marzo.

Para o Sindicato, a orixe do problema está nos concursos que se están a facer á baixa. Polo que, ademais das empresas, a Xunta tamén é responsable desta situación por licitar coñecendo previamente o convenio colectivo e sabendo que o que se oferta será insuficiente.

Comentarios
Lo más