miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Afundación fomenta a aprendizaxe do inglés e o traballo en equipo coa súa nova proposta teatral para escolares

Afundación fomenta a aprendizaxe do inglés e o traballo en equipo coa súa nova proposta teatral para escolares
Afundación fomenta a aprendizaxe do inglés e o traballo en equipo coa súa nova proposta teatral para escolares

Máis de 880 alumnas e alumnos de centros escolares de Santiago e arredores gozarán desta proposta teatral

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa desenvolvendo as actividades educativas propostas na súa programación para escolares deste curso académico. Nesta ocasión, a compañía teatral Face2Face Theatre sairá á escena no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23) para representar a obra en inglés Tarzán.

A función será mañá xoves 31 de xaneiro, con dúas sesións diarias, ás 10:00 horas e ás 12:00 horas. Máis de 880 alumnas e alumnos de 5.º e 6.º curso de educación primaria de centros escolares de Santiago de Compostela e arredores acudirán a ver esta proposta teatral.

En Tarzán, un avión estrélase no medio da selva. O único sobrevivente é un bebé que será adoptado por unha parella de monos. O neno crece entre simios e convértese en Tarzán. Mentres tanto, Jane Goodall, documentalista amante da natureza, e o seu prometido, Archibald Porter III, cazador, están de expedición na xungla co seu equipo (persoas afortunadas do público). Inspirado nas novelas de Edgar Rice Burroughs, esta aventura cómica levará aos escolares a sentirse como nun safari.

EDUCACIÓN EN VALORES

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto global de educación en valores de Afundación. Partindo da importancia da escola como centro de aprendizaxe, as propostas da Obra Social de ABANCA pretenden complementar o ensino académico, especialmente a instrución, presentando uns espazos e unhas actividades que conxuguen o lúdico e o formativo co fortalecemento de valores esenciais para unha sociedade cohesionada. Deste xeito, a entidade está comprometida coa tolerancia, co respecto, coa solidariedade e, por suposto, coa adquisición por parte de cada estudante das ferramentas necesarias para perseverar na consecución da súa autonomía persoal.

As propostas da Área Educativa de Afundación, nas que participan anualmente preto de 115.000 escolares, abarcan múltiples disciplinas e fomentan o desenvolvemento de competencias transversais. Así, o seu programa inclúe actividades culturais en artes escénicas e plásticas e de fomento da lectura; actividades interxeracionais que reforzan o respecto e o intercambio de coñecementos entre mocidade e xente maior; actividades de educación ambiental para abordar a importancia do respecto polo medio; actividades de novas tecnoloxías, necesarias para o emprego das ferramentas imprescindibles nunha contorna que innova de maneira permanente; e actividades de cociña que ensinan os beneficios dunha alimentación saudable.

Comentarios
Lo más