Alumnos do obradoiro Tahume V examinaranse nas probas da ESA a distancia
O crecemento no número de persoas que solicitan cursar os estudos ESA débese as que a educación secundaria obrigatoria é un requisito cada vez máis esixido tanto para acceder a moitos traballos como a cursos de formación
Dende o obradoiro Tahume V comunican que este venres 1 de febreiro terá lugar no Centro Cultural Lustres Rivas a segunda proba do primeiro trimestre da Educación Secundaria de Adultos (ESA) en modalidade á distancia: unhas probas para cuxa realización os alumnos matriculados do entorno tiñan que desprazarse fóra pero que, pola alta demanda existente, van ser realizadas no concello de Ribeira logo de que o instituto San Clemente de Compostela tomase a decisión de mandar aquí un representante.
Neste senso, de oito a dez alumnos-traballadores dos vinte que integran obradoiro Tahume participarán nas probas, ademais doutras dúas persoas alleas a esta iniciativa de formación. O crecemento no número de persoas que solicitan cursar os estudos ESA débese as que a educación secundaria obrigatoria é un requisito cada vez máis esixido tanto para acceder a moitos traballos como a cursos de formación.