miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sete anos de cárcere por disparar a un home no ollo para intentar roubalo

Sete anos de cárcere por disparar a un home no ollo para intentar roubalo
Foto de arquivo
Sete anos de cárcere por disparar a un home no ollo para intentar roubalo

O tribunal, que lle impuxo sete anos de cárcere, considera acreditado na sentenza que lle disparou no ollo dereito

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou como autor dun delito de homicidio en grao de tentativa e doutro de roubo con violencia en casa habitada a un acusado de acudir en xullo de 2016 á vivenda dun home ao que coñecía coa intención de roubarlle.

O tribunal, que lle impuxo sete anos de cárcere, considera acreditado na sentenza que lle disparou no ollo dereito e accionou a pistola en máis ocasións, pero non chegou a disparar máis proxectís. 

Finalmente, a vítima conseguiu botalo a empuxóns do seu domicilio. Os xuíces tamén lle impuxeron o abono dunha indemnización ao prexudicado, quen perdeu a visión do ollo, de 66.000 euros.

Comentarios
Lo más