miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Excarcerada unha persoa despois de envorcar o seu coche en Arteixo

Excarcerada unha persoa despois de envorcar o seu coche en Arteixo
Excarcerada unha persoa despois de envorcar o seu coche en Arteixo

Ocorreu pasadas as 5:00 horas desta madrugada

Unha persoa foi liberada tras envorcar o vehículo co que circulaba ao seu paso pola Avenida da Deputación, no Polígono de Sabón, en Arteixo.

Ocorreu pasadas as 5:00 horas desta madrugada. Persoal da empresa de seguridade do mesmo polígono chamou ao 112 Galicia para informar do accidente. No seu relato indicaba que o turismo quedara semi envorcado con dous ocupantes no seu interior.

Decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do persoal sanitario, dos Bombeiros de Arteixo, dos axentes da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron a excarceración dun dos ocupantes do vehículo. Aínda que non parecían revestir gravidade, os profesionais confirmaron o traslado ao Centro Hospitalario Universitario da Coruña.

Comentarios
Lo más