miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Solicitan explicacións da devolución das cantidades cobradas indebidamente polas plusvalías

Solicitan explicacións da devolución das cantidades cobradas indebidamente polas plusvalías
Solicitan explicacións da devolución das cantidades cobradas indebidamente polas plusvalías

O Grupo Municipal Popular tamén requerialle a Compostela Aberta que procedese a informar á veciñanza para que, se fose o caso, poidan reclamar, posto que a devolución ten que facerse a iniciativa dos contribuíntes afectados

O Grupo Municipal Popular preguntará no vindeiro Pleno ordinario do vindeiro mes de febreiro que é o que ten feito o Goberno de Compostela Aberta para que se devolvan as cantidades recadadas indebidamente polo concepto de plusvalías, como consecuencia da aplicación do imposto do incremento de valor dos terreos de natureza urbana na transmisión do solo ou dos inmobles edificados sobre el.

Nun acordo plenario de 2017, levábase a Pleno, por parte do grupo que dirixe Agustín Hernández, unha proposición, que contou co voto a favor do PSdG e BNG e a abstención de Compostela Aberta, neste sentido, pero segundo parece e como ocorre na maioría dos casos, o Goberno de Martiño Noriega nada ten feito a este respecto.

Despois de case dous anos e medio, "non houbo resposta por parte do Executivo Local" aseguran os populares, o que crea unha grave problemas a moitos veciños da capital de Galicia e que ven como pasa o tempo e esta situación segue sen resolverse. Esta situación fai que o Grupo Popular volva a levar a Pleno esta solicitude.

Esta situación é urxente, xa que a posibilidade de recuperar os cartos indebidamente cobradas redúcese co paso do tempo, posto que o dereito de reclamación prescribe aos catro anos, razón pola que o Grupo Popular urxía a adopcións de medidas por parte de Compostela Aberta, para evitar que se perdan os dereitos da veciñanza afectada.

Nesa moción, os Populares propoñían que se levase a cabo por parte do Goberno de CA un estudo sobre a repercusión para o Concello das cantidades indebidamente recadadas no cobro de dito imposto. Esta problemática xa tiña que estar resolta, posto que moitos destes casos corresponden a propietarios de pisos comprados na época de prezos altos, entre os anos 2000 e 2009, e que se venderon en momentos nos que os prezos das vivendas experimentaron unha forte baixada, o que xa de por si supón unha importante perda para estes veciños.

O Grupo Municipal Popular tamén requerialle a Compostela Aberta que procedese a informar á veciñanza para que, se fose o caso, poidan reclamar, posto que a devolución ten que facerse a iniciativa dos contribuíntes afectados, polo que o Concello ten que articular as medidas necesarias para facilitar e simplificar a pronta devolución ás persoas contribuíntes que poidan estar afectadas por cantidades indebidamente recadadas conforme aos supostos declarados inconstitucionais polo Tribunal Constitucional (TC)

Esta moción tamén solicitaba ao Goberno de Martiño Noriega que demandase ao Goberno de España a maior axilidade na modificación lexislativa que impida seguir cobrando naqueles casos que non se dean incrementos de valor e que se procuren medidas compensatorias para paliar aos concellos polas devolucións que teñan que realizar.

O Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana (IIVTNU), popularmente denominado “plusvalía”, é un gravame potestativo das administracións locais que en Galicia recadan preto dun terzo dos concellos, fundamentalmente as grandes cidades e vilas cabeceiras de comarca, entre eles o de Santiago de Compostela.

A cuantificación deste imposto facíase dunha forma simplificada, atendendo ao seu valor catastral e aos anos durante os que o propietario foi titular, pero ao non ter en conta a lei a posibilidade de que os inmobles perderan valor provocou cobros indebidos, tal e como recoñeceron recentes sentenzas do TC.

Esta situación intensificouse nos últimos anos como consecuencia da crise inmobiliaria que provocou unha perda xeneralizada do valor dos inmobles e numerosos casos de vendas a perdas que, malia iso, cotizaron por este imposto. Iso xerou un problema de gran relevancia polo número de afectados e pola contía das cantidades indebidamente cobradas.

Segundo o informe dunha compañía de taxación oficial de vivendas (TINSA) estímase que os afectados no conxunto do Estado español sitúanse en torno aos 550.000 cidadáns; en Galicia o número de casos nos que se pagou plusvalía sen que a vivenda tivera incrementado realmente o seu valor estímase nuns 18.300 e uns 81.00 na provincia da Coruña desde febreiro do 2013, que sería a data de referencia para reclamar a devolución do imposto (prescribe aos catro anos cando se abona en réxime de autoliquidación).

Comentarios
Lo más